No será la economía, ¡estúpido!

septiembre 27th, 2011 | by Boris Gayoso |


Serán las 23:00 de la noche del 20 de noviembre y veremos un balcón de Genova sonriente y exaltado, una hinchada desbocada ondeando banderas y festejando el éxito, un país aplastantemente azul y popular.
En otra calle, todo lo contrario, caras de desánimo, rostros que muestran la impotencia de no haber podido hacer nada.
“A Merkel le está pasando lo mismo, y a Sarkozy, también van a perder”, será la justificación. “La campaña ha sido buena, el candidato el mejor que teníamos”, dirán los que están en primera fila. “Por poco me quedo sin escaño”, dirán los que están más atrás. Con todo, habrá un análisis coincidente: “la economía nos ha matado”.

Pues no. La economía no. El partido es el que ha propiciado la aplastante derrota, de forma no intencionada, obviamente.

El desánimo, origen y causa de la inacción, y la asunción de la derrota como inevitable -idea instigada por los medios conservadores y asumida sin recelo por la izquierda- ha menoscabado cualquier intento, por parte del equipo del candidato y miembros de la vieja guardia, de lograr la victoria.
Medios de comunicación afines, sectores sociales vinculados históricamente y, lo que es más grave aún, los propios militantes se han sumado a esta espiral de parálisis colectiva y partidista.

El profesor Bouza lo mostró infinidad de veces. En el 96 el PSOE no ganó porque no quiso o, más bien, porque los golpes recibidos habían sido muy duros como para seguir gobernando. Ahora pasa lo mismo. El PSOE no va a ganar porque no quiere, o porque no le apetece. Porque a cada palabra de solidaridad, de igualdad, de comunidad le acompaña una de derrota, de pesimismo. Obvian la diferencia entre candidatos, el poder de movilización del partido, el importante y evidente voto oculto que no muestran las encuestas… da igual, no van a ganar porque no quieren ganar. Y ahora es de lo que se trata, de ganar.
¿Ha sido la economía? No, ellos mismos.

Tags: ,

3 Responses to “No será la economía, ¡estúpido!”

  1. By Calidonia Hibernia on sep 27, 2011

    Discrepo. O relato do Prof.. Bouza só se pode soster desde un papel militante ou comprometido coa causa do PSOE. No seu blog leva máis dun ano afirmando que a situación actual estaría máis próxima de 1996 que de 2000 cando moitos outros afirmamos desde hai tanto tempo ou máis o contrario. Tan só neste últimos días de setembro, a menos de 2 meses das eleccións recoñeceu que a situación é a do 2000.

    Débese isto a que o PSOE carece de motivación ou que non sabe comunicar? Dubídoo. Sen negar a importancia dunha boa comunicación parece evidente a ollos de todo o mundo que o problema é de desgaste e falta de credibilidade. Noutra época foi a corrupción e tamén a economía. Agora está claro que é a economía a principal causante da súa segura debacle. Igual que ao PSOE lle pasa a gobernos europeos de calquera cor, agravado no caso español pola maior dimensión da burbulla económica que alimentaron as políticas económicas neoliberais de Aznar perfectamente secundadas polos sucesivos gobernos do PSOE desde 2004.

  2. By Nicanor T. Barán on sep 28, 2011

    Pode ser a economía, sí, pero non só a economía. É certo que a crise está castigando electoralmente aos partidos con responsabilidade de goberno nestes anos de penuria, e o lóxico será que España siga polos mesmos rueiros. Pero esa tendencia xeral non debe servir como coartada para esa resignación na que semella estar comodamente instalada boa parte da militancia do PSOE, unha militancia que, como dicía onte o crítico literario Jordi Gracia nun artigo publicado en El País, preséntase incapaz de defender nin un só dos logros acadados polos gobernos de Zapatero, como se estes oito anos non merecesen máis que desprezo ou, no mellor dos casos, a condea silenciosa do esquecemento. Penso que é esa militancia a destinataria do post, co que coincido na súa vontade mobilizadora, esa militancia atrapada, coma a maior parte da sociedade española, nun discurso alleo, creado e divulgado con evidente éxito polo complexo mediático-político da dereita, e ao que o progresismo deberá enfretarse, sen complexos (lembrades?), e coas armas da intelixencia e do espíritu crítico. Hai moito que defender e non todo está perdido. Saúde.

  3. By Boris Gayoso on sep 28, 2011

    Totalmente de acordo contigo Calidonia Hibernia. Ti mesmo o dis: parece evidente a ollos de todo o mundo que o problema é o desgaste causado pola situación económica. Por iso mesmo, por ser tan evidente, non é análise suficiente para facer un post.
    Do que trato de falar é do tamén evidente, pero pouco comentado, excesivo pesimismo de parte da esquerda de cara ás próximas eleccións xerais. Trátase dunha pequena denuncia desta “baixada de brazos” prematura que, ao meu entender, se adapta perfectamente á estratexia político-mediática da dereita, unha estratexia fundamentada na idea de “invencibles”.
    O voto oculto socialista, a boa campaña que están a levar a cabo, o voto dos que “non teñen ideoloxía” e varios temas máis son razóns suficientes para xogar o partido. O papel de Fermín Bouza dende fai meses é máis de mobilización que de análise científico. O seu optimismo debería estenderse por outros sectores.
    Moitas grazas polo comentario.

Post a Comment